Iniciamos este tema coa consolidación da Revolución Rusa, iniciada durante a Primeira Guerra Mundial, e analizamos a continuación os trazos do período de entreguerras, unha época inestable marcada pola extensión da influencia do comunismo, a crise económica de 1929 e o ascenso dos réximes totalitarios. Logo analizamos as causas, as etapas e as consecuencias do maior conflicto armado da historia, a Segunda Guerra Mundial.
Especial énfasis faremos neste último apartado, un conflicto a escala planetaria que tivo como escenarios Europa, o norte de África, Oriente, rexións de China e illas do Pacífico.
No enlace da dereita poderedes atopar información complementaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario