Esta unidade didáctica dedicada á Idade Media penínsular abrague o período transcorrido entre o primeiro terzo do século XI e o século XV, ata 1476.
En primeiro lugar seguimos analizando a evolución de Al- Ándalus neste período ( esquema de apuntes ).
Despois céntrase a atención nos estados cristiáns: evolución histórica, política, económica e social; a convivencia entre as tres culturas penínsulares; e por último a arte gótica e a arte mudéxar.
Departamento de Sociais
miércoles, 22 de abril de 2015
ESPAÑA E GALICIA NA ANTIGÜIDADE, 1º ESO
Esta unidade estuda a Península na Idade Antiga. Tratarémos as colonizacións fenicia, grega e cartaxinesa, incidindo na localización e nas achegas destes pobos ás culturas indíxenas. Os pobos prerromanos, aos que pertencen os galaicos, encádranse dentro dos grupos culturais ibero e celta.
O estudio da Hispania romana e de Gallaecia comenza coa conquista para analizar a continuación o proceso de romanización. Finalmente, estúdase a presenza dos pobos xermánicos de Hispania: as primeiras invasións, o reino suevo e o reino visigodo de Toledo.
miércoles, 27 de noviembre de 2013
Exipto. A vida á beira do Nilo
A unidade didáctica dedicada a Exipto iníciase resaltando a importancia do río Nilo na vida cotiá e na civilización exipcia. En xeral, presentase, de forma resumida, as principais etapas dunha vida en séculos.
Analizaremos a organización política, os trazos básicos da economía, a sociedade e a vida cotiá ( a relixión, a vida de ultratumba e as manifestacións culturais e artísticas )
Analizaremos a organización política, os trazos básicos da economía, a sociedade e a vida cotiá ( a relixión, a vida de ultratumba e as manifestacións culturais e artísticas )
jueves, 14 de marzo de 2013
O SECTOR TERCIARIO, 3º de ESO.
O sector terciario agrupa aquelas actividades económicas que, aínda que non producen bens materiais, prestan un servizo as persoas. Algunhas destas actividades son o comercio, as comunicacións, os transportes e as actividades de ocio, entre as que destaca o turismo.
Esta unidade iníciase cunha visión xeral do sector para centrarse, a continuación, nos subsectores máis destacados: o comercio interior e exterior e as principais áreas comerciais do mundo; os sistemas de transporte e as súas redes mundiais; as comunicacións, e o turismo, estudiando sobre todo as súas causas, consecuencias, modalidades e áreas turísticas.
Visitade o enlace...
martes, 19 de febrero de 2013
A Segunda Guerra Mundial
Iniciamos este tema coa consolidación da Revolución Rusa, iniciada durante a Primeira Guerra Mundial, e analizamos a continuación os trazos do período de entreguerras, unha época inestable marcada pola extensión da influencia do comunismo, a crise económica de 1929 e o ascenso dos réximes totalitarios. Logo analizamos as causas, as etapas e as consecuencias do maior conflicto armado da historia, a Segunda Guerra Mundial.
Especial énfasis faremos neste último apartado, un conflicto a escala planetaria que tivo como escenarios Europa, o norte de África, Oriente, rexións de China e illas do Pacífico.
No enlace da dereita poderedes atopar información complementaria.

viernes, 23 de noviembre de 2012
A REVOLUCIÓN FRANCESA. 4º ESO
Entre 1770 e 1871 prodúcense en Europa as chamadas revolucións burguesas que son os resultado dos cambios propiciados por unha nova mentalidade nacida do pensamento ilustrado ( A Ilustración ).
Estas revolucións burguesas desembocan nas revolucións políticas e de independencia dos EEUU e posteriormente na Revolución Francesa de 1789, acontecemento que influe decisivamente na posterior historia europea.
No enlace facemos especial mención a este último acontecemento, sinalando as súas causas, o desenrolo dos acontecementos e as consecuencias inmediatas que tivo en Francia e Europa.

martes, 13 de noviembre de 2012
O RELEVO TERRESTRE
Benvidos a un novo tema; nel trataremos sobre a estructura interna e externa da terra, a composición da litosfera, a estructura da codia terrestre, a orixe do relevo, a súa tarnsformación e as súas posibles consecuencias.
Tamén estudiaremos o relevo dos continentes, prestando especial atención ao europeo, do que vos deixo un mapa que espero sexa de axuda.
Como de costume no aprtado de 1º de ESO, poderedes atopar un enlace moi interesante que nos complementará o estudiado durante as clases.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)